Hoxe é Martes 7 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Kickboxing Club Arcade suma 12 medallas no Campionato de España e mira xa cara ao Mundial

1247d7d6-12ab-4868-b63f-b6331ae4a6af

O Kickboxing Club Arcade volveu demostrar o seu nivel competitivo no Campionato de España de Kickboxing, celebrado en Alcobendas, onde conseguiu un total de 12 medallas grazas á actuación dos seus deportistas nas modalidades de Point Fight e Light Contact.

Aínda que desde o propio club recoñecen que “non foi o mellor campionato dos seus máis de 32 anos competindo a nivel nacional e internacional”, o balance final é moi positivo tendo en conta as especiais circunstancias desta tempada. A incerteza sobre a participación debido aos problemas de saúde do adestrador, a preparación de varios deportistas para os exames da PAU e o cambio de categorías dalgúns dos máis novos condicionaron unha representación máis reducida do habitual. Con todo, os competidores que acudiron á cita responderon cun elevado nivel de compromiso e esforzo conseguindo unha medalla de ouro, cinco de prata e seis de bronce.

Entre os resultados máis destacados figura o ouro conseguido por Cael Andrew Omar O’Neill en Light Contact júnior (-57 kg), ao que sumou ademais unha medalla de prata en Point Fight. Tamén sobresae a actuación de Mencía Díaz Taboada, que logrou dúas pratas nas modalidades de Point Fight e Light Contact na categoría cadete maior (-65 kg).

Pola súa banda, Izan Bouzón Collazo conquistou a prata en Point Fight na categoría cadete menor (-47 kg), mentres que Anxo Martínez Núñez, quen participou unicamente na modalidade de Point Fight, acadou outra prata na categoría cadete maior (+69 kg).

As medallas de bronce chegaron da man de Luca Bouzón Collazo en Point Fight (-32 kg), Daniel Amoedo Vázquez, que sumou dous terceiros postos en Point Fight e Light Contact (-28 kg), Álex Cabaleiro Vidal, tamén con dous bronces en ambas modalidades (-42 kg), e Martín Figueroa Lourido, terceiro clasificado en Point Fight (+69 kg). Pola súa parte, Ismael Villanueva Moares competiu na categoría júnior (-69 kg), sen poder subir ao podio nesta ocasión.

Cael Andrew, preseleccionado para a selección española júnior

As boas noticias para o Kickboxing Club Arcade continuaron esta mesma fin de semana. O competidor Cael Andrew Omar O’Neill participou na concentración organizada pola Federación Española de Kickboxing y Muaythai (FEKM) en Madrid, unha convocatoria destinada á preselección dos deportistas que poderán formar parte da selección española que competirá no Campionato do Mundo Júnior, previsto para finais do mes de setembro en Italia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará