Hoxe é Martes 7 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Talco, cabeza de cartel dunha noite de música en Arcade con De Ninghures, 9Louro e Duendeneta

talco-concierto

O peirao de Arcade acollerá o vindeiro venres 10 de xullo unha nova edición dos Concertos de Verán, unha cita musical de balde que reunirá artistas de referencia do panorama internacional e galego nunha noite pensada para todos os públicos.

A programación arrancará ás 20.30 horas coa actuación de Duendeneta, que será a encargada de abrir a xornada e crear ambiente desde primeira hora. Unha hora despois será a quenda de De Ninghures, grupo galego que fusiona a música tradicional galega con sons modernos como o rock, o pop e a electrónica.

Ás 23.00 horas chegará ao escenario Talco, cabeza de cartel desta edición. A banda italiana é coñecida por mesturar punk, ska e folk con letras de contido social e político. Os seus concertos caracterízanse pola súa intensidade e polo seu ambiente festivo.

Pechará a noite a actuación de 9Louro, coa súa proposta musical que combina influencias da música tradicional con estilos contemporáneos.

O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse ao peirao de Arcade para desfrutar dunha cita pensada para todos os públicos, unha proposta interxeracional na que a música volverá converterse no eixo central dunha noite de convivencia, lecer e dinamización do espazo público.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo e o Concelleiro de Mociadade animan a todo o mundo a achegarse a esta proposta «queremos que o peirao de Arcade sexa un punto de encontro para a veciñanza e para todas as persoas que nos visiten, nunha noite que combina música, ambiente e un escenario excepcional baixo as premisas da xestión sostible dos residuos, da inclusión, da diversidade e da tolerancia cero ante as condutas sexistas e violentas».

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará