Hoxe é Martes 7 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nico e Marcos comparten a súa experiencia no ciclo de Administración e Finanzas do IES Floriani

Nico e Marcos, dous antigos alumnos do ciclo medio e superior de Administración e Finanzas do Instituto Floriani , compartiron a súa experiencia para achegar esta formación a quen estea valorando o seu futuro académico. Ambos coinciden en que a Formación Profesional permite adquirir coñecementos específicos desde o primeiro momento, facilita a incorporación ao mercado laboral e tamén constitúe unha boa preparación para continuar estudos universitarios, como o grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE).

Durante a entrevista explican que o ciclo medio proporciona unha base xeral sobre xestión empresarial e administración, mentres que o ciclo superior afonda en materias como contabilidade, loxística, recursos humanos ou finanzas. Ademais, destacan o papel fundamental da formación en empresa, que consideran esencial para coñecer o funcionamento real do ámbito laboral, gañar experiencia e asumir responsabilidades.

Os dous exalumnos tamén poñen en valor que esta formación achega competencias moi útiles para a vida cotiá, como interpretar unha nómina, comprender un contrato laboral ou coñecer os dereitos das persoas traballadoras. Así mesmo, subliñan as numerosas saídas profesionais do perfil administrativo, tanto en empresas privadas como na administración pública.

Como recomendación para quen estea pensando en cursar estes estudos, Nico e Marcos aconsellan optar pola Formación Profesional cando se ten clara a orientación profesional, levar as materias ao día —especialmente Contabilidade— e aproveitar ao máximo o período de prácticas para adquirir experiencia e comprobar se esa profesión se axusta ás expectativas de cada estudante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp