Hoxe é Xoves 2 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grupo Casa Paco 81, recoñecido pola súa traxectoria na Vigo Cup 2026

WhatsApp Image 2026-06-22 at 12.23.48

A Vigo Cup, un dos torneos de fútbol base máis importantes, pechou a súa 25ª edición o pasado 28 de xuño en Balaídos, reunindo a máis de 300 equipos e 5.500 participantes de Galicia e doutros puntos.

Entre os destacados atópase o Grupo Casa Paco 81, un dos equipos pioneiros da competición. Este ano recibiu un recoñecemento especial pola súa longa traxectoria e fidelidade ao evento. Manolo Conde, fundador do club, recolleu o galardón en nome da entidade, vinte anos despois de que se lle recoñecese individualmente como directivo exemplar en 2006.

Esta distinción pon en valor a constancia dun club que leva case dende os inicios poñendo a Redondela no mapa do fútbol base galego. Un orgullo para todo o Grupo Casa Paco 81, que segue a apostar pola formación deportiva e a presenza continua nunha cita tan relevante como a Vigo Cup.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará