Asemblea da Asociación Amigos do Carballo
Xuño 13 @ 20:30 - 22:30
A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas convoca á veciñanza a unha xuntanza que terá lugar o sábado 13 ás 20:30 horas na Sociedade labrego cultural de Reboreda. Na reunión darse conta do proxecto de recuperación do Prado no que recentemente se plantou un novo exemplar de carballo tras o esmorecemento da árbore orixinal e das actividades proxectadas de cara ao futuro.