Hoxe é Xoves 28 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de monitor de tempo libre con especialización en deportes náuticos e inclusión en Cesantes

club salitre

A Escola de Tempo Libre Salitre de Cesantes ten aberto ata o vindeiro 3 de xuño o prazo de inscrición para participar no seu curso intensivo de monitor/a de tempo libre con especialización en deportes náuticos e inclusión, unha proposta formativa que se desenvolverá entre o 5 e o 28 de xuño. O prezo do curso é de 360 euros, cunha tarifa bonificada de 306 euros. As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 644 047 298.

O curso combinará formación en liña e sesións presenciais, que se realizarán na Praia de Cesantes e no Centro Cultural Saramagoso do Viso. A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 18 anos con título da ESO e busca ofrecer unha preparación completa para o traballo educativo e de lecer, cun enfoque adaptado ás novas demandas sociais e laborais.

Entre os contidos destacan a xestión de grupos e actividades de tempo libre con perspectiva inclusiva, técnicas de animación, primeiros auxilios e formación práctica en distintas modalidades de deportes náuticos como kayak, paddlesurf, windsurf, wingfoil ou e-foil.

Desde a organización subliñan a importancia da especialización en inclusión, considerada hoxe unha ferramenta imprescindible para garantir a participación de todas as persoas en igualdade de condicións, adaptando actividades á diversidade e creando espazos seguros, respectuosos e enriquecedores.

Do mesmo xeito, destacan o valor da formación en deportes náuticos nun territorio como as Rías Baixas, onde o mar forma parte da identidade e da oferta de ocio. Esta preparación permite ampliar as oportunidades laborais do alumnado e garantir actividades seguras e adaptadas ao medio natural.

O prazo de inscrición remata o vindeiro mércores 3 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará