Hoxe é Mércores 27 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas acusa a Rivas de perder máis de 2,6 millóns de euros de fondos europeos para Redondela

bas editado

O voceiro do PP asegura que o resto dos concellos de máis de 20.000 habitantes da provincia solicitaron e conseguiron 10,9 millóns, mentres que Redondela tan só se beneficiará con 8,2 millóns. Acusa ao goberno local de actuar “con pouca ambición e incluso irresponsabilidade” por non ter acadado a totalidade dos fondos aos que podía concorrer.

O voceiro municipal do PP de Redondela, Javier Bas, arremeteu contra a xestión da alcaldesa, Digna Rivas, na consecución da nova quenda de fondos europeos por perder 2.624.000 euros das axudas do plan de Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) malia as moitas necesidades de servizos e investimentos que ten o concello.

O edil popular recalcou que Vilagarcía, Marín, Lalín, A Estrada, O Porriño e Ponteareas, así como Vilanova de Arousa á fronte do xeodestino Mar de Santiago, “fixeron os deberes e conseguiron para os seus veciños o máximo ao que podían optar” mentres que o Concello de Redondela demostrou novamente “pouca ambición e incluso irresponsabilidade” posto que carece, entre moitas outras cousas, dun auditorio, a reforma do Mercado, as instalacións de atletismo e o pavillón e a escola infantil de Chapela.

Para Javier Bas esta situación responde claramente á falta de ideas e de ilusión do goberno local e tamén á mala xestión económica e a falta de cartos da tesourería municipal, xa que cómpre lembrar que cada Concello debería achegar o 40% do financiamento, aínda que esta cantidade vaise rebaixar finalmente a só o 20% despois de que a Deputación abrise unha nova liña de axudas, denominada Espazo Depo e na que participou o propio Javier Bas en calidade de director de coordinación intermunicipal. “Malia que lle poñen 10,9 millóns en bandexa e que a Deputación acude novamente ao rescate de Redondela, pois nin por esas o goberno de Rivas é capaz de aproveitar unha oportunidade histórica”, lamentou o voceiro popular.

Finalmente, Javier Bas criticou que esta situación non é nova, posto que “chove sobre mollado”, xa que nos case sete anos de goberno socialista Redondela xa perdeu máis de 9 millóns de euros en axudas e subvencións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará