Hoxe é Mércores 27 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello reclama ao Seaga a limpeza das zonas en risco de incendio forestal

riofrio-2

O Concello denuncia que SEAGA non realizou as limpezas correspondentes aos anos 2024 e 2025 malia existir un compromiso por parte da Consellería de Medio Rural de acometer a tala da biomasa en diferentes espazos, entre eles a zona de Río Frío en Chapela. Por convenio, esta empresa pública ten o deber de realizar a limpeza de 10 hectáreas cada ano.

O goberno local denuncia que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos que depende da Xunta, SEAGA, aínda non realizou as limpezas correspondentes aos anos 2024 e 2025. Unha actuación pendente que suporía a limpeza e tala da biomasa en 17 parcelas, entre elas as da zona de Río Frío en Chapela.

A alcaldesa, Digna Rivas, esixe que estes traballos se realicen de maneira urxente nas denominadas “faixas secundarias” do municipio para previr incendios. Trátase de franxas de 50 metros ao redor de construcións e vivendas que deben manterse limpas e sen especies pirófitas, propensas a propagar lumes.

Na última comunicación a empresa de Medio Rural anunciou que realizaría a limpeza en marzo “pero a piques de rematar o mes de maio aínda non actuaron”. Desde o Concello ofrécese “toda a colaboración á administración autonómica para resolver esta situación e que se realicen os traballos”.

Lembran dende o goberno local que a Consellería do Medio Rural, a FEGAMP e o SEAGA asinaron o convenio para a xestión da biomasa en 2022 no que se establece que a empresa pública debe acometer a limpeza de 10 hectáreas no municipio cada ano, sen que polode agora estes traballo se teñen a realizado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará