Hoxe é Luns 25 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA de Laredo impulsa unha aplicación pioneira para a xestión dos comedores escolares

comecorr escolar

Esta ferramenta foi creada para facilitar tanto ás familias como ás ANPAs a organización e xestión diaria do comedor escolar. Entre as súas funcións principais destaca a posibilidade de centralizar toda a documentación nun único espazo, tramitar e facer seguimento das solicitudes de axudas do Concello de Redondela e da Xunta de Galicia, consultar información de maneira rápida e sinxela e mellorar a comunicación entre as familias e a asociación. Ademais, permite axilizar tarefas administrativas e reducir o tempo dedicado á xestión diaria do servizo.

A ferramenta nace co obxectivo de ofrecer un sistema práctico, accesible e adaptado ás necesidades reais das familias e das asociacións escolares. Desde a ANPA destacan especialmente que se trata dun proxecto desenvolvido desde a experiencia directa dunha nai coñecedora do funcionamento cotián dun comedor escolar.

“Non falamos dunha gran empresa tecnolóxica, senón dunha veciña de Chapela, nai usuaria do servizo do comedor, que decidiu aportar solucións reais para mellorar o traballo das asociacións e a organización das familias”, sinalan desde a entidade.

O proxecto continúa medrando e xa esperta interese noutras asociacións da contorna. Actualmente estase estudando a súa implantación na ANPA do CEIP Igrexa de Chapela e tamén existen contactos coa ANPA Portocabeiro para valorar a súa incorporación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará