Hoxe é Luns 25 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan os traballos de roza e limpeza en cinco parroquias

roza jpg

As brigadas municipais comezan hoxe luns a traballar na parroquia de Saxamonde, unha vez que remataron as actuacións en Quintela, Cesantes, O Viso, Ventosela e Reboreda. O obxectivo do goberno local é que a totalidade dos camiños estean en perfectas condicións antes do verán para garantir a seguridade viaria e a prevención de incendios.

O programa de traballo avanza a bo ritmo co obxectivo de que as vías das 13 parroquias do municipio estean en perfecto estado antes da chegada do verán. Dentro da planificación prevista, as brigadas iniciarán este luns os traballos na parroquia de Saxamonde. De xeito simultáneo, outros equipos de operarios atópanse rematando as tarefas na parroquia de Quintela. Estas intervencións súmanse ás xa realizadas con anterioridade nas parroquias de Cesantes (onde arrancou a campaña o pasado mes de abril), O Viso, Ventosela e Reboreda, onde os camiños xa quedaron libres de maleza.

Esta campaña atópase integrada no contrato de limpeza e mantemento de vías municipais que supón un investimento de case un millón de euros por dous anos. Os traballos executados polas brigadas inclúen a roza de maleza, herbas e arbustos, así como a limpeza de gabias e drenaxes para previr asolagamentos coas chuvias. Os operarios tamén realizan a retirada de lixo e plásticos nas beiravías. Todo o mantemento faise con medios mecánicos e manuais, sen empregar produtos químicos e respectando a biodiversidade local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará