Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga FS anfitrión do Campionato de España de Fútbol Sala Sub-14 Feminino

698737894_4454788518111139_5008591506429410971_n

O Arealonga FS Chapela acollerá a fin de semana do 5, 6 e 7 de xuño, no Pavillón Municipal Manuel González Soto de Redondela, o Campionato de España de Fútbol Sala Sub-14 Feminino. Trátase dunha das fases finais por grupos do torneo nacional, un dos eventos máis importantes do fútbol sala base estatal.

Nesta fase participan os mellores equipos do país, clasificados como campións das súas comunidades autónomas. O Grupo A, que se disputará en Chapela, estará formado polo Arealonga FS Chapela, Aragón XXI FS, Atlético Ceutí e CD Orvina. Pola súa banda, o Grupo B xogarase na sede do Futsal Paulo Roberto e contará con Ciudad de Cádiz PCD, AD Alcorcón FSF e CD Cacolas. Finalmente, o Grupo C celebrarase no pavillón do CD Deportes Malagón coa presenza de Ripollet FS, CD Exposición e CD Gimnástico Melilla.

O equipo local, o Arealonga FS Chapela, xogará na casa arroupado pola afección redondelá co obxectivo de conseguir o pase á fase final da competición. A organización conta coa colaboración do Concello de Redondela e supón unha gran oportunidade para o fútbol sala galego e feminino.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará