Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música dos 90 e 2000 no novo tardeo de Trasmañó e Rande

festa tardeo

A Comisión de festas do Carme de Trasmañó, Cabanas, Rande organiza este sábado un “tardeo” cargado de música e gastronomía. Unha actividade que forma parte dos diferentes evento que organiza a Comisión ao longo do ano para facer parroquia e para financiar a súa festa principal, a que se desenvolverá os vindeiros 3, 4 e 5 de xullo cun cartel que manteñen en segredo ata o próximo sábado.

Revival noventeiro baixo a ponte de Rande para o tardeo do Carme. A proposta do día 23 inclúe xogos populares e música a  cargo de catro Djs encargados de animar a velada. A actividades desenvolverase debaixo da ponte de Rande e inclúe xogos como futbolín e dardos, fotocall e sorteos. Con todo, o principal será a música dos anos 90 e 2000 que soará grazas as actuacións de catroDJ: Pescata, Kino, Marcos e Miguel.

Fran Carreira é o presidente da Comisión de Festas do Carme de Trasmañó, Cabanas, Rande-

Unha proposta que os organizadores confían teña unha importante asistencia de xente “todo dependerá de que o tempo acompañe”. O obxectivo é que este sexa o primeiro tardeo de moitos porque “é un evento que chega para se quedar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará