Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Millo Verde con concertos gratuítos de Nadie González, Vimbio e Pladür

millo praia

O Festival arranca hoxe xoves cun intenso programa que inclúe tres días de música e actividades para públicos de todas as idades. Así, entre as 18:30 e ata as 20:00 horas o público asistente poderá participar nun obradoiro de Batucada. A partir das 20:30 comezarán os concetos coa rapeira viguesa Nadie González. Unha das voces emerxentes máis destacadas da música urbana e no hip-hop. Sobre as 20:30 despois actuará a banda galega de rap metal Vimbio e seguiralles no escenario os pontevedreses de Pladür.

Unha programación que continuará o venres 22 e o sábado 23, co abono ou entrada de día, Cesantes vibrará con grandes nomes do panorama nacional e internacional como Rebeliom do Inframundo, Carmen Xía, Moon Cresta, La Chiva Gantiva, Lula Mora, Pan de Capazo, Alpargata ou iYaman Pablo & Irie Reggae Vibes, entre moitos outros.

Máis alá dos escenarios, a programación paralela encherá de vida o recinto durante os tres días con propostas para todas as idades: o Venres será a quenda do movemento e a enerxía co obradoiro de danza africana e o sábado complétase co tradicional Eskalabirras, o espazo Millo Miúdo que acollerá diversas actividades e obradoiros para as crianzas, incluíndo o taller de creación de ArteLixo e, como novidade deste ano, vólei praia para o público. Ademais, a xornada estará amenizada polo Bloquinho Aperta.

Buses lanzadeira cada 30 minutos

Para facilitar o acceso á Praia de Cesantes e evitar problemas de aparcamento, a organización pon en marcha un servizo de buses lanzadeira de balde cunha frecuencia de paso de cada 30 minutos. O servizo funcionará o venres de 19:00 h a 05:00 h e o sábado de 17:00 h a 05:00 h, realizando o seguinte percorrido con paradas: Feira do Gando – San Pedro de Cesantes – Millo Verde.

Entrada anticipada: Os últimos abonos e entradas por días pódense adquirir a prezo reducido ata o venres ás 14:00 h na web oficial (www.milloverde.org) antes de que se active a venda na billeteira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará