Hoxe é Martes 19 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres baixan o pano tras unha multitudinaria fin de semana en Redondela

titeres rueiro

O festival internacional de Títeres viviu esta fin de semana dúas intensas xornadas de actividades, espectáculos e monicreques. O bo tempo animou ao público a achegarse ao centro da vila e ateigar rúas e prazas para gozar das propostas titiriteiras chegadas dende Arxentina, Portugal, Cataluña, Castela e León ou País Vasco ademais das agrupación galegas.

Logo dunha semana de espectáculos para todos os públicos tanto na sala como na rúa, os títeres regresan ao baúl. Tan só restan por se recoller os que conforman a exposición “Os monicreques de Kukas” que permanecerán no Multiúsos da Xunqueira ata o vindeiro xoves día 21. Unha exposición que fai un percorrido polo universo creativo desta compañía presentando parte das súas montaxes máis icónicas como “Don Gaiferos” ou “O kikirixote!”.

O festival Memorial Juanjo Amoedo, que celebraba este ano a súa 27 edición, vivía este sábado e domingo dúas xornadas de animación e festa con milleiros de persoas achegándose aos dez escenarios repartidos polo centro da vila  e nos que grandes e cativos puideron gozar dos espectáculos de Manu Mansilla, Títeres Alakrán, Lafontana, Alauda teatro, Micromina Títeres e un longo etcétera.

Os máis madrugadores animáronse tamén a participar da ruada que neste edición estaba dedicada aos bechos polinizadores, un percorrido animado pola música de The Turre’s Band e Troula e os paxaros xigantes de El sindicato de Monstruos.

Con todo, af esta prolongouse durante todo o día con animación de rúa, propostas itinerantes e os shows ao aire libre que facían que os espectadores se desprazaran dun escenario a outro para tentar abarcar toda programación.

Letras Galegas

Un festival que se despedía este 17 de maio, xornada das Letras Galegas que nos deixaba tamén o tradicional acto institucional que se celebraba ás 11:00 horas da mañá de onte cunha homenaxe á escritora xornalista Begoña Caamaño.

Nesta ocasión alumnado do IES Mendiño realizaba unha dramatización de textos de Caamaño baseados nas obras Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul.

Participaron no acto representantes das diferentes formación políticas do concello así como a alcaldesa, Digna Rivas, quen fixo referencia ao compromiso do Concello coa lingua e a cultura do país.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará