Hoxe é Mércores 8 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

127 nenos e nenas de Sar participan no Paredes Handball Cup 2026

sar parede

Máis de cen xogadores e xogadoras das categorías base de balonmán da SAR partían na tarde de onte en varios autobuses cara a localidade portuguesa de Paredes para participar no Torneo Internacional de balonmán Paredes Cup, que deu comezo este mércores 8 de Xullo e no que participan mais de dous mil atletas de cen equipos procedentes de cinco países, entre eles Portugal e España.

O torneo, que se prolongará ata o vindeiro domingo, inclúe xogos de balonmán de sala e praia e supón un dos momentos álxidos do balonmán da península ao servir de punto de encontro para equipos procedentes de ambos os dous países.

Este é o noveno ano que a SAR participa e faino con 127 xogadores e xogadoras das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. Acompañando a ese nenos hai tamén 28 monitores encargados de velar pola boa estadía da rapazada en Portugal.

En total 155 persoas que estarán 5 días, ata o vindeiro domingo 12 de xullo, competindo polo Trofeo de Paredes pero tamén terán tempo de gozar con actividades, animación e a través da convivencia cos equipos doutras comunidades.

O evento, promovido pola Cámara Municipal de Paredes, reúne máis de dous mil atletas procedentes de España, Francia, Brasil e Austria, así como do país anfitrión, converténdose no maior torneo de verán de balonmán realizado en Portugal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará