Reivindicativo, loitador e solidario, Felix Cal forma parte dunha saga de fotógrafos con fondo arraigamento en Redondela. Na xornada de onte o seu falecemento, aos 69 anos de idade, causaba un fondo pesar nunha vila onde era coñecido pola súa faceta profesional –durante anos ao fronte de Cal3 xunto ao seu irmá Mundo- pero tamén pola súa vinculación á vida social, política e cultural.
Foi presidente da Comunidade de Montes de Ventosela e do Colectivo republicano. Nos últimos tempos continuaba coa súa faceta reivindicativa tamén a través do Colectivo Pro Palestina de Redondela. O seu féretro, velado no tanatorio de Tanamañó, loce cunha kufiya palestina xunto á bandeira republicana.
A súa familia pide á xente que queira recordalo con coroas ou flores que destinen ese importe “a calquera organización de solidariedade que loita pola paz e en contra das guerras”.









