Noches Encendidas é un espectáculo homenaxe a Michael Jackson e Queen que se celebrará en Redondela o sábado 21 de marzo, ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están a venda no Kiosko Cocó e de xeito online en dentralia.com. As persoas interesadas en asistir poderán ademais facerse cunha entrada de balde participando nun sorteo que esta Radio Municipal realiza a través do seu Instagram @radioredondela.
Os amantes da música rock e pop e, mais concretamente os fans de dous artistas inigualables como Michael Jackson ou Freddy Mercury están de parabéns porque o vindeiro 21 de marzo chegará a Redondela un evento musical centrado na súa música.
Un tributo que, insisten os seus promotores “non é unha imitación, porque estamos ante dous artistas inimitables, o espectáculo é un tributo íntimo que rende homenaxe a estas dúas lendas da música, nun ambiente moi acolledor cun escenario iluminado unicamente por centos de candeas, con voces en directo e arranxos coidadosamente interpretados que transportan ao público a unha viaxe emocional polos maiores éxitos de ambos artistas”. Así nolo explicaba Amadou Jose, coordinador de eventos de Diverfest
Para participar no sorteo de dúas entradas gratuítas as persoas interesadas deben seguir unha serie de pasos que poden consultar no Instagran da Radio Municipal. O prazo para participar remata este xoves 12 de marzo de 2026 ás 23:59 h para participar.
O gañador/a anunciarase ao día seguinte nas nosas redes.









