Hoxe é Martes 10 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior convida ás veciñas a participar no XVII Encontro de Mulleres

encontro mulleres

As interesadas poden incribirse na web do Concello ata o 26 de marzo. O encontro será na Guarda o domingo 19 de abril e inclúe os desprazamentos, o xantar e unha visita á fortaleza de Valença. O prezo é de 20 euros para as empadroadas en Soutomaior, o resto terán que abonar 25 euros.

Unha cita que ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio e que está cofinanciada polo propio Concello polo que as participantes só terán que abonar 20 euros no caso de estaren empadroadas en Soutomaior, e 25 euros as que sexan de fóra da localidade. Un prezo que inclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro.

O autobús sairá ás 9:00 horas do 19 de abril da casa do Concello e pasará dez minutos despois polo cruce de Pierres en Arcade. Unha vez chegadas á Guarda as asistentes gozarán dunha visita guiada pola localidade. A continuación terá lugar o xantar no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado as participantes trasladaranse a Valença onde se realizará unha visita pola fortaleza. O regreso deste encontro será sobre ás 19:30h. dende Valença coa chegada ao concello en torno ás 21:00h.

A concelleira, Rosana Martínez Boullosa, convida a todas as mulleres a participar neste encontro, do que dixo que “se trata dun evento que busca ofrecer un espazo para compartir experiencias, aprender e desfrutar de actividades enriquecedoras. É unha ocasión ideal para fortalecer a comunidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará