Hoxe é Martes 10 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deputación e Adif inspeccionan a futura vía verde entre Arcade e Pontevedra

senda verde

O presidente da Deputación, Luis López percorreu un treito da antiga vía do tren con responsables do Administrador Ferroviario para planificar o percorrido da futura senda peonil que conectará os concellos de Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. O obxectivo é  deseñar o percorrido da futura senda que unirá estas localidades polas antigas vías actualmente en desuso.

O mandatario provincial, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez e o xefe de servizo de Infraestruturas da administración provincial, César Aja, percorreron distintos puntos do itinerario como parte do traballo de planificación e deseño da senda peonil e ciclable para comprobar in situ o estado dos terreos que o administrador ferroviario cederá ao organismo provincial para conectar a pé os concellos de Soutomaior e Pontevedra.

Trátase dun novo paso na elaboración dun proxecto estratéxico para a provincia que dá continuidade ao encontro de traballo do pasado mes de novembro entre o presidente Luis López e responsables do Adif en Madrid no que se pechou o acordo para iniciar o procedemento de cesión por un período inicial de dez anos  do treito ferroviario para a súa conversión en Vía Verde.

A conexión das localidades de Arcade e Pontevedra polo antigo trazado ferroviario a través dunha Vía Verde é un dos grandes obxectivos da Deputación a nivel provincia e un obxectivo que o goberno de Luis López está a liderar. Ademais de contratar á Fundación Ferrocarriles Españoles, os maiores expertos a nivel nacional para o impulso de Vías Verdes, un estudo de factibilidade deste trazado, a Deputación ten reservado no orzamento do vindeiro ano unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto.

A apertura da senda entre Arcade e Pontevedra é un dos treitos nos que está a traballar a Deputación dentro dun proxecto global que busca conectar as cidades de Vigo e Vilagarcía a través dunha senda peonil polas antigas vías do tren.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará