Hoxe é Luns 9 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto de humanización de Ernestina Otero incluirá nova iluminación e zonas verdes

enestina otero

A actuación conta cun orzamento de case 660.000 euros e suporá a humanización de toda a Avenida dende o Paseo da Portela ata o Salgueiral. O proxecto técnico xa está rematado e o Goberno local agarda pola confirmación da subvención da Deputación de Pontevedra para iniciar o proceso de licitación das obras. O prazo de execución é de 5 meses.

O proxecto de reforma integral da Avenida Ernestina Otero que promove o Concello de Redondela inclúe a renovación da pavimentación, mellora da accesibilidade, novo mobiliario urbano, iluminación e zonas verdes en todo o trazado. A actuación conta cun investimento de 659.157,13 euros e busca consolidar un modelo de vila máis sostible e habitable.

O proxecto céntrase no calmado do tráfico rodado para corrixir as velocidades excesivas detectadas na zona, creando unha plataforma única en puntos concretos, elevando a calzada ao nivel das beirarrúas e unificando o espazo con pedra natural. Os novos pasos de peóns estarán adaptados á normativa de accesibilidade e reforzaranse para mellorar a visibilidade e a seguridade.

A intervención inclúe a substitución dos antigos puntos de luz por novas luminarias LED, garantindo unha mellor iluminación e menor consumo. Así mesmo, prestarase especial atención ao patrimonio natural da rúa, reformando os alcorques para protexer o pavimento das raíces e substituíndo os exemplares que se atopen en mal estado.

Aínda que se manterán as bandas de estacionamento e a circulación necesaria, o deseño final está pensado para que o veciño e a veciña sexan os protagonistas do espazo público.

O Goberno local xa ten listo o documento técnico e, na actualidade, permanece á espera da confirmación oficial da subvención por parte da Deputación de Pontevedra para iniciar o proceso de licitación das obras. A actuación conta cun orzamento total de 659.157,13 euros e un prazo de execución estimado de cinco meses.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, salientou a importancia estratéxica desta intervención no centro da vila “que forma parte da nosa folla de ruta para facer de Redondela unha vila máis amable e saudable. A nosa prioridade absoluta é o peón; queremos que as nosas veciñas e veciños poidan camiñar con seguridade por espazos públicos de calidade, sen as barreiras que impón o tráfico excesivo”, explicou a rexedora.

Concluíu afirmando que con esta obra “Ernestina Otero gañará en calidade urbana e dinamismo comercial, beneficiando directamente a toda a veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará