A actuación, financiada con máis de 160.000 euros procedente do Plan +Provincial da Deputación de Pontevedra, permitiu humanizar 800 metros de estrada e crear tres pequenas prazas que buscan ser punto de encontro da veciñanza. A inauguración celebrouse este pasado sábado nun acto que contou con representantes municipais e da deputación amenizado polo artista local Iván Gulín.
O proxecto centrouse na humanización de tres zonas que actualmente funcionan como punto de encontro para a veciñanza do barrio e que foron reformadas co obxecto de convertelas en espazos máis amables e humanizados. O investimento ascendeu a 160.000 euros e ademais de poñer en valor os elementos patrimoniais da zona permiten mellorar a mobilidade no barrio
O alcalde, Manu Lourenzo, acompañado polo Deputado Provincial, Jorge Cubela, foron os encargados de inaugurar esta actuación que segundo salientou o director técnico da obra, Marco Díaz, traballouse co obxectivo de integrar o espazo co uso veciñal “facen unha humanización dividida en tres praciñas da zona que darán moita vida no Val-Sobral”.









