O Centro Cultural acolle a exposición do anteproxecto inicial para a humanización da Baixada aos Eidos, unha iniciativa impulsada polo Consello Parroquial de Vilar de Infesta no que se contempla a mellora da rede viaria e a humanización da estrada, o que suporía un novo avance na conexión entre os distintos barrios da parroquia, logo do anuncio a inminente humanización da estrada de Portocabeiro
Este proxecto enmárcase na liña de traballo do Consello Parroquias orientada a avanzar na conexión segura entre os distintos barrio de Vilar, separados dende hai décadas polas infraestruturas asociadas ao aeroporto. Os diferentes colectivos da parroquia consideran esta actuación un paso importante e instan ao Concello a procurar vías de financiamento que permitan facer realidade este proxecto considerado estratéxico para reparar a débeda histórica acumulada coa parroquia
A actuación prevista na Baixada aos Eidos busca tamén poñer en valor un eixo fundamental da vida comunitaria, xa que esta vía comunica distintos lugares e arterias principais da parroquia.
O anteproxecto que agora se presenta ten carácter inicial e pretende recoller propostas, achegas e suxestións da veciñanza, co fin de enriquecer a proposta antes da elaboración do documento definitivo.
As persoas interesadas poden facer chegar as súas achegas a través do correo electrónico culturaldevilar@hotmail.es ou trasladándoas a calquera das asociacións da parroquia.
Os coelctivos valoran positivamente a inminente humanización da estrada de Portocabeiro para conectar os barrios. Con todo subliñan que “aínda queda moito que facer, xa que falta o tramo do Camiño da Lata ata a N-555, e algún tramo da mesma.










