Hoxe é Sábado 7 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia a lentitude do goberno local no proxecto de humanización da Avenida Mendiño

pp mendiño

O voceiro popular, Javer Bas critica os retrasos nesta actuación. Explica que a vía foi cedida pola Xunta en outubro e a redacción do proxecto sacouse a licitación en novembro “sen que se teña máis información ao respecto catro meses despois”. Teme que a mellora sufra novos atrasos “xa que cando estea o proxecto aínda haberá que revisalo, afrontar novas tramitacións administrativas e posteriormente proceder a unha nova licitación para a obra”.

Bas critica a xestión e o “enorme retraso” no proxecto de mellora e urbanización da Avenida de Mendiño, que actualmente presenta un estado lamentable e co firme moi deteriorado malia contar o goberno local “cunha partida de 1,1 millóns de euros transferida pola Xunta para o financiamento desta actuación”.

O concelleiro lamentou, por unha banda, que o Concello dispoña deste treito dun quilómetro da PO-363 entre a Avenida de Santa Mariña e o porto de Cesantes desde hai cinco meses, dado que a cesión foi aprobada pola Xunta o pasado mes de outubro, e non se rexistraran avances significativos para a súa mellora mentres a rexedora se adicou durante todo este tempo a criticar ao Goberno galego “dun modo sobreactuado tras recibir un millón de euros”.

Neste senso, o edil do PP lembrou que a Xunta formuloulle dúas propostas para a  modernización deste avenida e a alcaldesa aceptou a que quixo, que consistía na cesión e na transferencia do 75% do financiamento.

“Rivas quixo facerse coa estrada e encargarse da súa mellora, previo pago por parte do Goberno galego, polo que agora ninguén entende as súas queixas, pero desde o PP cremos que esta non é a mellor solución para Redondela porque, polos seus precedentes e incapacidade de xestión, danos pavor o posible resultado final e hai moitos tristes exemplos diso na trama urbana de Redondela”, engade o voceiro do PP.

Javier Bas, que percorreu esta rúa para falar coa veciñanza sobre as necesidades da mesma, tamén incidiu na necesidade de que a humanización se execute “cun proxecto da categoría de Redondela e non coas habituais solucións cativas do goberno local propias de concellos pequenos”. Considera que debe incluír itinerarios peonís seguros para os escolares, unha humanización acaída ao futuro gran Espazo Cultural, Social e Xuvenil de Redondela e, paralelamente, unha solución de tráfico para os buses do transporte escolar, os vehículos que se dirixen aos centros educativos e o tráfico restante, nunha Avenida que rexistra 7.000 vehículos diarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará