Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras na contorna do Concello de Soutomaior crearán unha nova praza e reformarán o edificio

proxecto

O proxecto inclúe a humanización de toda a beirarrúa situada fronte ao edificio municipal, así como o espazo que dá acceso ao salón de plenos desde o exterior da Casa do Concello e que pasará a ser unha praza. Ademais, tamén se incluirán elementos e mobiliario urbano, como bancos e árbores, que fagan máis amable o lugar e poñan en valor a arquitectura do edificio orixinal da Casa Consistorial. As obras están financiaradas con cargo ao plan +Provincia da Deputación Provincial e contarán tamén con aportación das arcas municipais.


A vindeira semana comezarán os traballos de reforma do salón de plenos e de acondicionamento da contorna do edificio consistorial. O proxecto, que foi redactado polo estudo de Cendón-Vázquez arquitectos, tamén inclúe a reforma do salón de plenos para que se poidan desenvolver nel nas mellores condicións as sesións plenarias e doutros actos institucionais como poden ser as vodas civís. Durante o tempo no que se estean realizando estes traballos o salón de plenos trasladarase á Casa da Cultura Rexina Míguez Noval.
Uns traballos, os do concello, que foron adxudicados á empresa Di Arancia Arquitectura S.L. Por un valor de máis de 215 mil euros. Obras que se realizarán ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación Provincial e que contarán tamén con fondos das arcas municipais de Soutomaior.
Esta actuación permitirá crear unha nova praza que se sumará ao núcleo de centralidade da carreira dos bolos do barrio da Pedreira, da Praza da Aldea en Arcade de Riba ou aos traballos de humanización que están a piques de rematar no barrio do Val-Sobral.
Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “esta actuación encádrase na folla de ruta que estamos seguindo para vertebrar os barrios do noso concello e crear núcleos de centralidade humanizados en cada un deles”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará