Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas de sexualidade nos Institutos de Redondela

charlas

A formación, impartida pola educadora social e axente de Igualdade Lucía Pereda, ten como obxectivo formar ao alumnado en educación afectivo-sexual e advertir dos roles e estereotipos erróneos da pornografía. As charlas realízanse ao longo de todo o curso nos institutos e colexios do municipio e tamén abordan temas como trastornos da conduta alimentaria, que aumentan na infancia e adolescencia.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, easistiron na mañá de onte no IES Mendiño ao obradoiro impartido pola educadora e técnica en Igualdade Lucía Pereda. Esta charla “Falemos de sexo” forma parte dun amplo programa de información e sensibilización que desenvolve a concellería de Igualdade. As actividades, con diferentes formatos, están dirixidas a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, con contidos adaptados ás idades de cada grupo.
Un dos temas que se abordan nestas charlas é o consumo da pornografía, que comeza cada vez a idades máis temperás na infancia e na adolescencia, co obxectivo de “ofrecer aos rapaces e rapazas información veraz e unha educación afectivo-sexual adaptada a cada grupo de idade”.
Por experiencia de anos anteriores, a maioría do alumnado considera a pornografía “unha industria coma outra calquera” e que a explotación de mulleres “é unha forma lícita de gañar cartos”. A metade da rapazada pensa tamén que a pornografía é tan só “entretemento” e 3 de cada 10 considérano “unha ferramenta adecuada para explorar a sexualidade tanto propia como da parella”. Os datos fan necesario “seguir traballando co alumnado nas aulas desde unha perspectiva de xénero”, apunta a concelleira Iria Vilaboa.
Nestes obradoiros ofrecénse charlas para o alumnado de Bacharelato sobre plataformas dixitais que promoven “un falso empoderamento da muller e fomentan a violencia sexual”. No caso das actividades en Primaria céntranse sobre todo nos trastornos da conduta alimentaria, cada vez máis frecuentes na infancia e adolescencia “pola presión que exerce a publicidade e as redes sociais na imaxe da rapazada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará