Hoxe é Luns 15 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inaugurado o novo Camiño de Santiago ao seu paso por arcade

INAUGURACION-CAMINO-DE-SANTIAGO-02-

A actuación tiña como obxectivo humanizar o Camiño de Santiago ao seu paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde. O investimento final foi de 800.000 euros, dos cales a metade corresponden a fondos propios municipais e a outra metade a unha subvención do Fondo de Cooperación Local. Do total investido, case 150.000 euros foron destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verteduras.
O acto de inauguración, celebrado o sábdo, contou coa presenza do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da obra, Enrique Urcola.
O responsable dos traballos sinalou que desde a súa empresa, Urcoin, “sempre tratamos de que a obra estea integrada coa zona e a veciñanza que vive non lugar, cada proxecto que se fai é sempre distinto, pensando nas persoas”.
Pola súa banda, o rexedor local destacou na súa intervención que «detrás destes proxectos é imporante destacar a colaboración institucional, que ten traído grandes cousas para ou noso concello», e referiuse a Ana Ortiz, recoñecendo que a pesar das diferenzas ideolóxicas, «sempre atopei nela unha aliada para compartir proxectos que entendemos e sabemos que son necesarios; sempre atopei un sorriso ao outro lado do teléfono e vontade de colaborar tanto dela como do seu equipo». Neste sentido lembrou que esta obra foi financiada ao 50% pola Xunta.
A delegada do Goberno en Vigo, Ana Ortiz, dixo pola súa banda que “para nós é moi importante traballar sempre, por enriba de todo, polo ben dá cidadanía, trátase esta dunha obra moi necesaria para ou pobo, falar do camiño é falar de economía é falar de riqueza de que temos que amosar todo ou noso patrimonio cultural e nese camiño estamos un pracer estar hoxe aquí en Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará