Hoxe é Martes 11 de Novembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle o congreso “Cásate en Galicia” orientado a parellas que estean organizando a súa voda

aprogabe

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo día 19 o III Congreso Nupcial para parellas organizado por Aprogabe (Asociación de Profesionais de Galicia de Vodas e eventos) pensado para aquelas parellas que teñen previsto casar nos vindeiros meses. Recibirán asesoramento en novas tendencias e recibirán consellos dos profesionais que interveñen na organización dunha voda.

O concepto deste congreso baséase en mesas redondas nas que distintos profesionais de diversos sectores darán consellos e puntos de vista sobre as novas tendencias aos noivos asistentes. Restauradores, fotógrafos, DJ, moda nupcial… unha forma nova de orientar a un público, os noivos que buscan o mellor para o día máis importante das súas vidas.

As sesións realizaranse de forma ininterrompida de 10 a 14.30 coa intervención do monologuista Carlos Tresandí e, tras unha breve comida para poder charlar de forma máis distendida, as parellas poderán comentar en privado as cuestións que desexen cos provedores do seu interese.

A asociación Aprogabe créase no ano 2020 cando en plena pandemia un grupo de distintos profesionais enfocados a vodas e eventos detectan a necesidade de crear unha entidade maior que defenda os intereses do sector por encima dos individuais. Desde a súa posta en marcha, apostouse pola formación e a profesionalización dos diferentes sectores representados para que as parellas teñan a tranquilidade de que o día da súa voda están en mans de expertos.

A asistencia a este evento é de balde e as parellas interesadas poden inscribirse no enlace: https://casateengalicia.es/congresonupcial-casate-en-galicia-by-aprogabe/

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará