Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia que o goberno local lles nega información sobre sete proxectos clave para o Concello

pp

Os populares aseguran que algunha das solicitudes remóntase a hai máis dun ano e acusan ao goberno de Rivas de dificultar a labor de fiscalización da oposición. Entre a documentación solicitada atópanse os expedientes de compra de Villa Elisa, o paseo de Cesantes, a situación do SAF, as axudas de Igualdade, os datos da Festa do Choco, o curso de Policía Local sobre violencia de xénero e a urbanización de tres rúas do casco urbano. Entenden que o goberno busca agochar “irregularidades e problemas de xestión”.

O grupo municipal do PP fala de “escurantismo e falta de transparencia graves” por parte do goberno de Digna Rivas pola súa negativa reiterada a facilitarlle información solicitada formalmente por rexistro sobre sete expedientes de proxectos clave para o Concello que queren ser analizados polo partido maioritario da corporación.

Os populares revelan que estas peticións datan, nalgúns casos, de hai máis dun ano, polo que consideran que se trata “dunha absoluta falta de respecto institucional” que pretende unicamente dificultar a labor de fiscalización do principal grupo da oposición.

“Esta resistencia reiterada do goberno de Digna Rivas a entregarnos a documentación á que temos dereito cremos que responde sen dúbida a que están intentando agochar irregularidades e anomalías, que é algo que xa temos descuberto en moitos outros proxectos ao longo do presente mandato, e tamén importantes problemas de xestión que vemos como, día si e día tamén, están pagando e sufrindo os redondeláns”, manifestou o vicevoceiro popular, Iván Crespo.

A solicitude desta documentación foi reiterada nalgúns casos a través de novos rexistros e incluso en rogos no pleno, enumerando os expedientes reclamados que non foron entregados ata a data: compra de Villa Elisa, proxecto do paseo de Cesantes, situación do Servizo de Axuda no Fogar, axudas de Igualdade –que levan sen pagar desde o ano 2023–, os datos da derradeira Festa do Choco, o curso da Policía Local sobre entrada en domicilios por casos de violencia de xénero ou o proxecto de reurbanización das rúas Cardosas, Salgueiral e Ernestina Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará