Hoxe é Mércores 23 de Xullo de 2025

A delegación da SAR coróase nas categorías de infantil e cadetes feminino no Paredes handball Cup

sar quore

O Paredes Cup é xa unha cita consolidada no calendario estival para os xogadores da SAR que un ano máis participaron deste evento deportivo que arrancaba o pasado martes 8 e que se clausuraba este domingo coa entrega de premios e o regreso dos 2.000 deportistas ás súas localidades de orixe. No caso de Redondela foron un total de 135 nenos e nenas os que se desprazaron a localidade portuguesa.

Deporte, diversión e convivencia pero tamén competitividade que deixan para as xogadoras da SAR dous ouros nas categorías de infantil e cadetes, que se coroaron campioas do torneo. Na categoría masculina, os equipos infantil e xuvenil conseguiron un terceiro posto.

Todo un éxito para o balonmán redondelán neste evento deportivo e festivo que reúne a xogadores procedentes de diferentes puntos de España e Portugal.

Este era o oitavo ano no que a SAR participaba e fíxoo con 135 xogadores e xogadoras das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, o que supón unha participación récord converténdose na máis numerosa da historia do club neste torneo. Acompañando a eses nenos e nenas desprazáronse tamén a Paredes un total de 29 monitores encargados de velar pola boa estadía da rapazada en Portugal, que rematou este domingo tres cinco xornadas marcadas pola convivencia con equipos doutras comunidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: