Hoxe é Xoves 24 de Xullo de 2025

Un motorista ferido nun accidente na Pantalla en Cesantes

a pantalla

O sinistro tivo lugar contra as 14:20 horas de hoxe na estrada N-550 entre Redondela e Pontevedra á altura do número 6 na zona da Pantalla en Cesantes. Malia o aparatoso do sinistro, o motorista resultou ferido leve e foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario. A colisión deixou importantes retencións na estradas.

Axentes da Policía Local foron os primeiros en chegar ao lugar do sucenso, encargándose de regular o tráfico e atender ao ferido que se atopaba no chan con fortes dores nunha perna pero en todo momento consciente. Poucos despois chegaría a Garda Civil de tráfico que se encargará da investigación do acontecido.

Todo apunta a que a moto, que estaba adiantando un vehículo detido na estrada á espera de poder acceder a un dos ramais da vía, foi alcanzada por outro coche que se incorporaba nese momento á estrada principal e non se percatou da presenza do motorista, colidindo contra el.

O sinistro provocou importantes retencións de tráfico que quedaron solucionadas ao redor das tres da tarde, unha vez o ferido foi trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: