O home, un veciño do centro da vila de 36 anos de idade, foi trasladado en ambulancio ao hospital Álvaro Cunqueiro, logo de resultar ferido grave nun accidente que se producía na estrada do aeroporto contra as 15:30 horas deste martes.
No sinistro víronse implicados un turismo Audi A3 e unha motocicleta. Como consecuencia da colisión entre ambos vehículos, o condutor da moto resultou ferido grave sendo trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.
O accidente ocorreu a primeira hora da tarde no kilómetro 3 da N-555 segundo informou a Policía Local de Redondela, cuxos axentes se trasladaron ao lugar para colaborar nun sinistro do que se fixo cargo a Garda Civil de tráfico ao tratarse dunha estrada nacional.
Malia que se descoñecen os motivos do sinistro, supón un novo accidente nunha estrada moi complicada polo sinuoso do seu trazado así como a ausencia de beirarrúas que a fan especialmente perigosa, tal e como veñen denunciando dende hai anos os seus usuarios.