Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

As Anpas rexeitan a “censura encuberta” que a Consellería quere impor coa denominada “neutralidade ideolóxica”

lago

As asociacións de pais e nais reaccionaron ante o anuncio da Consellería de Educación sobre a necesidade de que as actividades complementarias que se realicen nos centros educativos se fagan baixo o principio de “neutralidade ideolóxica”. Mentres dende o goberno galego argumentan que o obxectivo é garantir a convivencia interna e buscar un bo clima en colexios e institutos, dende as Asociacións de nais e pais cualifican este anuncio de “censura encuberta” e manifestan a súa “profunda preocupación” pola mensaxe que este anuncio traslada “poñendo en cuestión o compromiso pedagóxico do profesorado e o papel das familias no desenvolvemento dunha escola pública crítica e comprometida”.

Dende a Federación de Anpas insisten en que as actividades complementarias nas que poden participar os centros, como charlas, obradoiros ou visitas didácticas xa están reguladas e que este novo concepto de “neutralidade ideolóxica” o que vai facer é que “as dirección se pensen moito participar en calquera actividade cultural allea ao centro”.

José Manuel Lago, presidente Federación Anpas

Por ese motivo o presidente da Federación, José Manuel Lago reclama que a Xunta aclare a que se refiren con este concepto que “xera moita preocupación e fai lembrar a épocas pasadas”. Solicitan ao Conselleiro de Educación que aclare e rectifique publicamente o alcance desta instrución, e que recoñeza e respecte a autonomía pedagóxica dos centros e o dereito das comunidades educativas a desenvolver actividades que fomenten os valores cívicos e sociais.

Actividades tales como a participación do alumnado en Artelixo poderían estar en cuestión se a consellería avanza nesta idea. De feito, este mesmo ano os colexios e institutos participantes recibiron un escrito reclamándolles información sobre a súa participación nesta edición que este ano tiña mudado o seu nome a “altrilixo”. Unha circular procedente da Dirección Territorial de Ensino que se recibiu como un xeito de “amedrentar ao profesorado” para condicionar futuras participacións en actividades culturais e creativas destas características.

Por este motivo, insisten en que falar de neutralidade ideolóxica sen contextualización nin garantías corre o risco de converterse nun veto implícito a calquera actividade educativa que aborde temas como a igualdade de xénero, a memoria histórica, o ecoloxismo, os dereitos humanos ou a diversidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: