Hoxe é Xoves 5 de Xuño de 2025

Redondela estrea unha área de autocaravanas con sete prazas

Autocaravanas.Aparcadoiro.e0f6239-81bf-4ad6-bc22-6bdfc015b3fd

A alcaldesa Digna Rivas e os concelleiros Roberto Villar e Rita Pérez.

O estacionamento para autocaravanas está situado no aparcadoiro detrás do pavillón municipal da Marisma e conta con 7 prazas. Os usuarios teñen un tempo de permanencia máxima de 72 horas. O Concello estuda crear outro espazo semellante en Cesantes, na contorna da praia. Actualmente as autocaravanas adoitan ocupar numerosas prazas das existentes no paseo de Cesantes, vehículos que en ocasións permanecen estacionados no lugar durante varios días o que provoca malestar entre os usuarios do areal.

O espazo reservado para autocaravanas ao carón do pavillón da Marisma conta con sete prazas para este tipo de vehículos, unha delas reservada para condutores con mobilidade reducida. Todas as prazas teñen un ancho de 4 metros, cinco delas cun largo de 6 metros e dúas cun largo de 6 metros. Os traballos foron realizados polos operarios municipais e con materiais sustentables, maioritariamente madeira. A área realizouse seguindo os criterios da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).

Os seus usuarios terán que cumprir a normativa que se establece por parte do Concello, cun período máximo de permanencia de 72 horas e a prohibición de sacar mesas ou cadeiras do vehículo. Para a carga de auga e descarga de residuos as autocaravanas contan cun punto a escasos metros do aparcadoiro que acaba de ser reformado. Sitúase na outra beira do río, no paseo do Pexegueiro, no lateral da aula CeMIT.

En paralelo á creación desta área de autocaravanas reordenouse todo o aparcadoiro, cunha sinalización que facilita a entrada e saída de vehículos, cun total de 70 prazas para turismos.

Desde as concellerías de Infraestruturas e Sostibilidade e de Turismo estase a estudar unha segunda área para autocaravanas en Cesantes, nas inmediacións da praia da Punta, que estará operativa nuns meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: