Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

O BNG reclama o acceso público no lugar de Soutelo en Cedeira

finca cedeira

Os nacionalistas denuncian que no verán de 2023 un particular decidiu pechar as escaleiras que permitían o acceso ata un espazo do litoral no que mariñeiros afeccionados deixaban as súas embarcacións deportivas e que facilitaba tamén ás mariscadoras a entrada a unha zona de marisqueo. Esixen ao goberno local que garanta este acceso ao mar na coñecida como zona de Soutelo no barrio da Formiga en Cedeira.

A problemática xurde hai máis dun ano cando un particular decide pechar estas escaleiras. Dende esa data un grupo de mariñeiros afeccionados e a propia Confraría de Cesantes impulsaron unha loita reivindicativa reclamando que se restituíra o acceso público ao mar nese lugar xa que o seu peche prexudicaba tanto a mariscadoras como a mariñeiros afeccionados.

Aseguran os nacionalistas que “ante a inacción e mesmo obstrución municipal o colectivo víronse obrigados a iniciar medidas legais contra o particular, asumindo todos os custos. Finalmente os xulgados déronlles a razón recoñecendo o uso público deste paso ata o mar”.

O voceiro nacionalista Xoán Carlos González acusa ao goberno municipal de “desinterese vergoñento e deixación de funcións ao non asumir a responsabilidade de defender os intereses públicos, e esixen que garanta xa o posibilidade de acceder ao mar en Soutelo”.

Denuncia ademais que o “goberno do PSOE co silencio do PP tiña previsto recoñecer en pleno que as escaleiras pertencían a dito particular” proposta plenaria que “foi paralizada por iniciativa do BNG”.

Finalmente dende o Bloque queren recoñecer e poñer en valor a iniciativa do colectivo de veciños que levaron esta problemática ao Consello Parroquial de Cedeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: