Hoxe é Luns 28 de Xullo de 2025

Campamento de verán na praia de Cesantes con Salitre

campamento verán salitre

O club deportivo organiza de cara as vacación de verán un campamento orientado a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade con actividades vinculadas cos deportes náuticos que se desenvolverán dende o 30 de xuño ata o 29 de agosto na praia de Cesantes.

O club Salitre abre hoxe o prazo de inscrición para participar no campus de verán que se impartirá de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas nos meses de xullo e agosto.

Os participantes poderán gozar de actividades como paddlesurf, kayak, bigpaddle, visitas á illa de San Simón, deportes na area, xogos en equipo, manualidades… unha ampla oferta de actividades cuxo denominador común son o ocio saudable.

O prezo da inscrición vai dende os 20 euros por día de actividade, 70 euros unha semana, 120 quince días ou 210 euros que é o que custa apuntarse a este campamento un mees enteiro. As inscrición están xa aberta a través do número de whatsapp 644 047 298.

O campamento está deseñado para ofrecer aos participantes actividades que fomentan a actividade física, o xogo en equipo, a aprendizaxe e a diversión en contacto coa natureza, sendo un dos seus grandes atractivos a oportunidade de poder aprender e practicar diferentes deportes náuticos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: