Hoxe é Mércores 21 de Maio de 2025

Os e as xogadoras que competiron coa Selección Galega no Cesa 2025 reciben o recoñecemento “Orgullo redondelán”

Orgullo Balonmán CESCA 2025

As mozas e mozos que participaron no Campionato de España de Selección 2025 en Cataluña recibiron o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Deste gran grupo forman parte xogadores e xogadoras dos tres clubs redondelán.

Participaron pola SAR Daniela Fernández, Daniela Figueroa, Daniela Míguez, Karla Fernández, Noa Portela, Candela Martínez, Alba Pérez e Julia González, xunto coas técnicas Carla Abad e Nerea Bouzón. Do BM Chapela os seleccionados foron Ángela Sánchez, Óscar González e Nicolás e Lois Alonso. Por parte das Choqueiras participou Adriana Bouzón.

A alcaldesa destacou “o gran papel” das xogadores e xogadores de Redondela neste campionato estatal “froito do excelente traballo que fan ao longo de todo o ano os clubs locais SAR, BM Chapela e Choqueiras”. Nesta xornada do 8M a rexedora puxo en valor “o auxe do deporte feminino en Redondela, e nomeadamente no balonmán, onde as licenzas femininas superan ás masculinas” e amosou “todo o apoio” do Concello ao deporte local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: