Hoxe é Xoves 22 de Maio de 2025

Luis Álvaro trae o seu humor punk a Redondela

WhatsApp Image 2025-01-30 at 15.44.21
Entrevista completa a Luis Álvaro.

O Multiusos da Xunqueira de Redondela acollerá este sábado, 8 de febreiro, ás 20:00 horas, a actuación do humorista Luis Álvaro dentro do ciclo de monólogos “Humor na súa tinta”, organizado polo Concello de Redondela.

Luis Álvaro, recoñecido pola súa comedia irreverente e o seu estilo transgresor, traerá ao público redondelán “El Espectáculo”, unha proposta que combina stand-up, música e humor punk. Cunha mestura de absurdo, surrealismo e humor negro, o cómico promete máis dunha hora de risas sen filtros e asegurando que é  “unha auténtica maratón na que o importante é que a imaxinación voe e deixar os problemas atrás”, sinala o humorista.

“O meu espectáculo son puros debuxos animados”, sinala o humorista.

Escapando dos típicos chistes sobre actualidade que repiten moitos humoristas, Luis Álvaro prefire centrarse en historias universais que conectan co público a distintos niveis. Ademais, leva a súa guitarra consigo para facer humor musicalizado, cun marcado estilo punk.

“Hai moito show que intenta revolver sempre o mesmo na xente”, Luis Álvaro.

Fixo na grella de Comedy Central, Luis Álvaro ten levado o seu humor a escenarios de Australia, Arxentina e Uruguai, e estivo a piques de actuar no prestixioso festival Just for Laughs de Montreal. Agora, achegarase a Redondela cun espectáculo que inclúe “algo novo, algo vello e nada prestado”.

“Todo o escribo eu”, Luis Álvaro.

O ciclo “Humor na súa tinta” segue apostando por traer a Redondela os mellores monologuistas do panorama actual. As entradas para esta cita con Luis Álvaro poden adquirirse a través dos canles habituais. Unha oportunidade única para gozar dun dos humoristas máis orixinais e irreverentes do momento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: