Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

Historiadores e investigadores demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón

historiadores illa

Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan González, Dionisio Pereira e Xosé Álvarez Castro, asinantes do manifesto “A verdade non se debate” sobre a illa de San Simón trasladaron onte ao goberno local a súa disponibilidade a colaborar co Concello na promoción actividades, cursos e conferencias sobre a historia da illa e o seu pasado como campo de concentración durante o franquismo. Os expertos en Memoria Democrática súmanse á demanda do Concello para a recuperación da Fundación Illa de San Simón.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, reuníronse con algúns dos historiadores e investigadores que asinaron o manifesto “A verdade non se debate” no que reivindican a historia do campo de concentración de San Simón e a necesidade de desenvolver políticas públicas de memoria na Galiza.

Un escrito que xurdiu a raíz das polémicas declaracións do presidente da xunta, Alfonso Rueda,  quen sinalou que o das vítimas mortais en San Simón é un debate que hai que deixar “aos historiadores” e no que os expertos en Memoria Histórica defenden que “a verdade dos feitos non se discute nin se debate” e lembran que foron uns 500 os falecidos a illa, entre eles oito fusilados.

Na reunión os participantes tamén analizaron a solicitude da Xunta de Galicia para que o goberno central ceda a titularidade do arquipélago a administración autonómica. Actualmente a illa está en usufruto por parte da Xunta, un acordo que expirará en 2027. Tanto os investigadores como o goberno local entenden que se trata dunha “estratexia política” para manter o seu control sobre a illa. Critican que ata o de agora a Xunta Simón non respectou a memoria democrática, até o punto de autorizar neste espazo a organización privada de talleres de ioga, xincanas ou noites de Samaín.

Rivas lembrou a demanda do Concello de Redondela para que a Xunta recupere a Fundación Illa de San Simón, unha petición á que se suma este colectivo de historiadores.

A alcaldesa manifestou a intención do Concello de organizar un programa de conferencias e cursos sobre a historia de San Simón. Realizaranse actividades para o público en xeral e outras dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: