Hoxe é Venres 23 de Maio de 2025

Problemas na estrada entre O Viso e Alxán pola caída dunha árbore

árbores viso-alxán

A árbore invadiu os dous carrís da estrada provincial EP-2901 a consecuencia da borrasca Ivo. Un mal tempo que podería estar detrás tamén do accidente con catro vehículos implicados que se producía ás 8:45 horas da mañá de hoxe en Chapela, no que afortunadamente non houbo feridos.

A borrasca Ivo podería estar detrás do aparatoso accidente que se producía na mañá de hoxe en Chapela con catro vehículos implicados, sen que haxa que lamentar feridos. O sinistro de Chapela producíase ás 8:45 horas na Avenida de Redondela na N-552 nas inmediacións do Faro de Vigo. No mesmo sufriron danos materiais un total de catro turismos. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais xa que ningún dos ocupantes dos vehículos implicados resultaron feridos.

Desprazáronse ao lugar axentes da Policía Local e da Garda Civil de tráfico, que se fixo cargo da investigación, malia que todo apunta a que a causa última do suceso estaría nas malas condicións meteorolóxicos que xunto no momento do accidente deixaba fortes precipitacións na zona.

Un mal tempo que deixa ademais incidencias menores en Redondela con caídas de pólas e contedores arrastrados polo vento que poñen en risco a seguridade do tráfico. En Soutomaior a caída dunha árbores na estrada EP-2901 entre Alxán e o Viso deixou a vía intransitable.

O Concello de Soutomaior trasladou a incidencia aos servizos de emerxencias para que se procedera á retirada da árbore que invadía os dous carrís da marcha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: