O Concello informa da activación dunha alerta laranxa durante o día de hoxe, domingo 26 de xaneiro, debido a fenómenos costeiros en todo o litoral e ventos que poden acadar os 74 km/h. Recoméndase extremar a precaución e evitar actividades ao aire libre, e por motivos de seguridade permanecerán pechados a Alameda Castelao, o Paseo de Maceiras, o Miradoiro do Piñeiral do Crego e o Paseo da Portela. Todas as instalacións deportivas municipais estarán pechadas durante toda a xornada, tanto en horario de mañá como de tarde. Ademais, espéranse ondas que poderían alcanzar os 8 metros, polo que se solicita a máxima colaboración cidadá para garantir a seguridade.
