Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

Soutomaior renova o seu convenio de colaboración coa Banda de Música de Arcade

Sinatura do convenio entre o concello e Banda Artística de Arcade

A agrupación musical, que este ano cumpre o seu 157 aniversario, recibirá 40.000 euros o que supón unha importante achega económica co obxectivo de axudar ao financiamento  da Banda de música e garantir a permanencia da Escola de Música que favorece a aprendizaxe musical de cativos e cativas do concello.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o Presidente da Banda de Música Artística de Arcade, José Manuel Maía, asinaron o seu convenio anual por valor de 40 mil euros.

A Banda Artística de Arcade, a terceira máis antiga de Galiza, cumpre o vindeiro 6 de agosto 157 anos, superando ao longo da súa historia momentos difíciles para a súa supervivencia económica.

Mediante este convenio se pacta coa Banda levar a cabo distintas actuacións no concello como poden ser o concerto de Nadal, a Festa da Ostra, o memorial Carlos Abal e outras actuacións que se fan ao longo do ano.

No convenio tamén se contempla unha partida de 5000 euros para que as diferentes asociacións e comisións de festas do concello teñan unha axuda á hora de contratar a Banda Artística e, desta maneira, calquera asociación que formalice esta petición terá ao seu dispor 500 euros para contribuír a que a Banda Artística teña presenza nas diferentes festas e eventos sociais do concello.

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior,  lembrou esta mañá que “a Banda Artística de Arcade é un orgullo para Soutomaior xa que despois de 157 anos continúa a levar o nome de Arcade por todos os concellos da contorna, pero ademais faino cunha calidade e excelencia musical que nos sitúa como unha das mellores bandas do país”. Lourenzo ten claro que “é obriga de calquera administración contribuír a que estas Bandas sigan existindo e medrando xa que educaron musicalmente a xeracións e xeracións de veciños dende hai máis dun século”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: