Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Lía Carballo acada o ouro no campionato nacional de ximnasia acrobática

Diseño sin título

Lía Carballo (Redondela) forma parte do club Flic Flac de ximnasia acrobática co que compite a nivel nacional.  Do 26 ao 30 de xuño, Adeje (Tenerife) acolleu a Nacional Base e Campionato de España de ximnasia acrobática  que reuniu a máis de 700 persoas e onde participou na categoría de trío na que acadou o ouro.

A deportista leva máis de 7 anos adestrando e competindo co club Flic Flac con sede central no pavillón municipal da ETEA, na avenida da Mariña Española. Desprázase todas as semanas as instalación para practicar un deporte que é a súa paixón e co que acumula moi bos resultados. Comezou facendo ximnasia rítmica de pequena, pero as características e teatralidae deste deporte, así como traballar en equipo é algo que a motivou a dedicarse de forma profesional a esta disciplina.  Este ano debutou como cadete e compite xunto co equipo formado por Candela Vázquez e Martina Camino.

A ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport, trátase dunha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1999) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia desde 1999. É unha disciplina deportiva da ximnasia na que existen distintas modalidades: parellas mixtas, femininas e masculinas, tríos, cuartetos e grupos mixtos de 3 a 9 compoñentes. Lía puntualiza que “non se debe confundir coa ximnasia rítmica que quizais sexa máis coñecida, xa que non incorpora elementos ou ferramentas físicas para facer coreografías, senón que se utiliza só o corpo. Chegamos a facer figuras realmente espectaculares”.

“Facemos saltos e é moi curioso porque as portoras ou portor lanzan a deportista áxil para facer acrobacias no aire”, Lía.

A pesar de non ser unha disciplina olímpica, a ximnasia acrobática é un dos deportes máis completos a nivel psicomotor, coeducativo e de rendemento físico. Por todo isto require de moito esforzo e coordinación para poder compaxinar os estudos cos adestramentos. Adestra catro días á semana, tres horas ao día e o resto do tempo dedícase a estudar para rematar a formación na ESO.

 “É un deporte esixente pero o tomo como un hobbi, porque aínda non se pode cobrar a nivel profesional e dedicarte a isto a tempo completo é case imposible”, Lía.

Os últimos anos o nivel da ximnasia acrobática está a subir de maneira exponencial e cada vez é máis difícil subirse ao podium, sen embargo Lía conta en moi pouco tempo cun palmarés extenso.  Entre os seus logros tamén podemos atopar o ouro no Open de Madrid en categoría trío cadete celebrado en marzo deste ano ou a prata no Campionato de España absoluto 2023 na categoría infantil.

Entrevista completa con Lía Carballo – Música de Pálida
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará