Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

O Sporting de La Rioja ficha á redondelá Sandra Fernández Couñago

sandra sar

Foto: SAR

A xogadora do equipo de División de honra prata do Club SAR BM conta con 24 anos e ten experiencia tamén en categorías superiores xa que durante catro tempadas militou no equipo de Balonmán do Porriño. Sandra Fernández, que esta fin de semana disputou o seu último partido da tempada como xogadora do equipo redondelán, foi despedida entre aplausos do público e o cariño das súas compañeiras.

Dende o Sporting anuncian a chegada da xogadora redondelá como un fichaxe que “ven aportar calidade dende o extremo esquerdo” e agradecen ao club redondelán por todas as facilidades para a que Sandra se incorpore de inmediato ao equipo de la Rioja que milita na División Ouro do balonmán feminino.

Dende a SAR deséxanlle o “mellor nesta nova etapa” e envíanlle a maior das sortes para que co seu novo equipo consiga o obxectivo da tempada “o ascenso á máxima categoría do balonmán feminino”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: