Unha feira científica conducida polo alumnado do centro será o acto de clausura dun intenso programa que achegará ao instituto charlas dirixidas a todos os cursos e nas que se abordan temas diversos dende as matemáticas, pasando pola tecnoloxía ou a xenética, todas elas impartidas por diferentes profesores da Universidade de Vigo. Unha actividade organizada polos departamentos das áreas científicas que serve para demostrar que na nosa lingua tamén se fai ciencia.
Arrancou esta Semana da ciencia en galego cunha charla na xornada de onte a cargo de Felipe Gómez Cuba e que xirou en torno as ondas electromagnéticas, o funcionamento das antenas Wifi e da primeira fotografía dun burato negro.. Hoxe martes a quenda será para Miguel Arenas Busto quen impartirá unha conferencia baixo o título “reconstruíndo biomoléculas ancestrais considerando a xenética evolutiva”. Na xornada do mércores a rapazada aprenderá como funciona un dron grazas ás explicacións de Felipe Gil Castiñeira e pechará o ciclo de conferencia Carlos Mosquera Nartallo con “matemáticas de moitas revolucións”.
A programación chegará ao seu remate o venres cunha feira científica “Non é maxia… é ciencia” conducida polo alumando e dirixida tanto a rapazada do instituto como dos colexio da parroquia.