Foto: Patri Rivas
Cita no máis alto da clasificación da primeira autonómica co equipo da SAR Plastic Omniun que se despraza ao campo do líder, o Poio Artai. Fano logo do derbi vivido na pasada fin de semana no pavillón Manuel González Soto de Chapela, onde os de Manolo lograron a vitoria por 23 a 31. Malia o avultado do resultado final explican dende a SAR que “non foi un partido cómodo para os de Redondela, que estivo cheo de imprecisións e desacertos que toca corrixir para poder enfrontarse ao actual líder nas mellores condicións”.
Pola súa banda, os de Chapela tamén teñen que desprazarse, neste caso ao campo do Granitos Ibéricos Carballal. Un partido no que os dous equipos pelexarán para tentar abandonar a difícil situación na que se atopan, o Carballal é pechacancelas do grupo e o Chapela tan só un posto por riba.
División de honra prata feminina
A liga regresa este primeiro sábado de decembro tras unha xornada de descanso. As mozas do Redondela Rodavigo enfrontaranse ao Lanzarote Puerto del Carmen.