Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do Mendiño pon sobre a mesa o escaso uso do galego a nivel comercial en Redondela

alumnos mendiño

Cando se cumpren corenta anos da Lei de Normalización Lingüística, a rapazada de 3º de ESO a través do Departamento de Galego do instituto decidiron realizar unha enquisa para coñecer como está de implantado o idioma entre os comerciantes e hostaleiros de Redondela. O resultado é “pouco esperanzador”. Malia que hai un pequeno número de establecementos, sobre todo nas zonas máis rurais do concello, que fan un uso activo da lingua galega, a inmensa maioría dos do centro da vila empregan o castelán.

Explican estes rapaces e rapazas que o galego está ausente tanto no nome como na cartelaría empregada polos comercios (anuncios de rebaixas, descontos…). Se buscamos as webs ou redes sociais destes locais, o galego xa está totalmente ausente. No tocante á atención ao público, se ben algúns establecementos afirman falar indistintamente en galego ou castelán, dependendo de como se dirixan a eles os clientes, a comprobación empírica do alumnado demostrou que non é certo. n canto entra pola porta un mozo ou moza o idioma de comunicación pasa a ser o castelán en exclusiva, mesmo se eles lles falan en galego. Constataron así estes rapaces que se manteñen prexuízos cara a lingua galega como o de asociala aos vellos.

María Bouzón

Ademais, unha parte dos establecementos visitados escudouse no trato co turismo para facer uso exclusivo do castelán, malia recibir turismo fundamentalmente a través do Camiño de Santiago, cun importante número de persoas que proceden de Portugal e fala portugués.

Guillermo Fregueiro

Tamén detectaron un diferente comportamento entre os establecementos do centro e os das parroquias “onde si hai unha maior presencia do galego”

Iria Fernández

Unha vez realizado o traballo de campo e analizados os datos, o alumnado púxose en contacto co servizo de Normalización Lingüística do Concello, para informalo e suxerir campañas que puidesen axudar a reverter a situación, como ofrecerlles cartelaría en galego aos comercios ou cursos de galego específicos para os traballadores dos mesmos que afirman non dominar o suficiente a nosa lingua. Tamén se puxeron en contacto coa Asociación de Empresarios/as de Redondela, para animalos a facer un uso máis activo da lingua galega, en xeral e, en particular, entre a xente nova.

Olga Nogueira, profesora

Acompañando esta comunicación achegaron un pequeno videoclip elaborado polo alumnado como exemplo de campañas publicitarias en galego baixo o lema “Porque o noso mola. E en galego mola máis”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará