Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha muller por estafar 10.000 euros a un ancián de Soutomaior ao que coidaba

estafainternet

A Garda Civil procedeu á detención dunha muller de 20 anos que durante o período no que traballou coidando a un veciños de Soutomaior lle tería subtraído máis de dez mil euros. A coidadora empregou a tarxeta de crédito do home para facer numerosas compras a través de Internet ao longo de dez meses.

A investigación arrancou en xullo do ano pasado trala denuncia formalizada pola representante da familia do home xa falecido ao comprobar que as contas non cadraban. A Garda Civil iniciou entón unha investigación detectando numerosas compras fraudulentas de produtos e servizos, que a agora detida pagaba mediante transferencias electrónicas.

A muller está acusada dun delito de estafa agravado xa que se valeu da súa profesión de coidadora da vítima para facerse coa súa tarxeta de crédito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará