Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lidia Villalón: “A psicoloxía e a crítica social son fundamentais na miña obra”

WhatsApp Image 2023-04-05 at 13.12.28

Lidia Villalón é unha artista plástica e deseñadora gráfica de Redondela. Vén de estrear a exposición “Disartist” no Café Cowork de Redondela, unha mostra das súas pezas máis persoais nas que mestura influencias da cultura galega a través das meigas, o feminismo, a psicoloxía, a ciencia ficción e a literatura. Tamén podemos atopar pezas marcadas por unha clara denuncia social e crítica á gerra.

Estudou publicidade e Relacións Publicas, co tempo foise achegando a ramas máis creativas do seu traballo gracias ao Deseño gráfico e o seu gusto pola fotografía.  A súa motivación para comezar a crear, o que hoxe forma parte da exposición, vén do desexo de ter maior visibilidade e ser escoitada máis alá do ámbito estritamente laboral.

Esteticamente a súa obra destaca por ter mensaxes con forza e mesmo escritos tipográficos que recordan ás cores e o estilo “póster” dos anos 90.  Unha mirada nostálxica que conflúe co seu coñecemento sobre novas tecnoloxías. De feito, ten claro a importancia do papel creativo das persoas  á hora de traballar e entende a Intelixencia Artificial como unha ferramenta que “aínda está moi lonxe de substituír o traballo humano, pero forma parte da tecnoloxía que hai que coñecer para avanzar”.

Podedes atopar e mercar o seu traballo directamente no Café Cowork de Redondela ata o 14 de maio ou no caso de non poder achegarte, a través Das súas redes sociais.

 Instagram: @lidiavillalon_studio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará