Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Laura Albán: “O noso obxectivo é ser campioas do mundo de patinaxe artístico”

LAura Alban Ribex Tui CPA

Laura Albán, xunto con Nerea Castro e Lidia Couñago son tres patinadoras redondelás que forman parte do CPA Ribex de Tui co  que acumulan numerosos trofeos en campionatos a nivel galego e nacional na categoría Grupo Show Grande. En 2022 rozaron a vitoria na Copa do Mundo acadando un segundo posto, este ano volven participar e teñen claro que o obxectivo é chegar ao máis alto do podio no mundial que desta vez celebrarase en Arxentina.

Para chegar tan lonxe teñen que adestrar con constancia e disciplina e agora que se achega o mundial dobran as horas dedicadas á pista. Laura Albán comezou a patinar dende os 3 anos e considera que “o máis importante é a forza de vontade, porque o máis complicado é sacrificar parte da vida social”.

A coreografía que levan este ano chámase “Defensa Secreta” e destaca pola orixinalidade da proposta, ofrecendo unha mensaxe de loita e superación con toques de humor Está composta e dirixida polos adestradores, Santiago Alonso e Carolina Figueroa,  quen tamén se encargou do vestiario. As protagonistas son unas mofetas que grazas a unión e a fortaleza do grupo logran vencer a un depredador máis grande.

A pesar dunha pequena caída durante a actuación, a proposta recibiu a mellor puntuación en técnica de grupo e performance, sendo o seu punto máis forte a velocidade e as acrobacias chamativas pola súa apariencia de perigosidade e coas que conseguen xerar adrenalina no público.

O patinaxe é un deporte caro, porque implica custes de mantemento dos patíns, a variedade de mallas feitas a medida para as competicións e, sobre todo, os desprazamentos que supoñen os campionatos. Para poder ir a Arxentina están organizándose para vender rosquillas e animan a xente a colaborar, porque sen axuda non poden costear a viaxe.

A Copa do Mundo de Patinaxe Artístico celébrase este ano en Arxentina o 16 e 17 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará