Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno aproba instar a Pazos a solucionar os vertidos ao río Alvedosa procedentes de Amoedo

vertido

O pleno municipal aprobou a moción presentada por AER e apoiada por PSOE e BNG quen cualificaron ao alcalde de Pazos de Borbén de manter políticas de “terrorismo medioambiental” por non atallar un problema que se remonta quince anos atrás. Dende o PP votaron en contra da moción argumentando que se está atacando a un pequeno concello obviando a contaminación que provoca o concello de Vigo en Arealonga ou o propio concello de Redondela.

A moción chegaba ao pleno da man da agrupación de electores quen alerta da auga sen depurar que a decantadora verte no río Valongo en Pazos e que chega ata o Alvedosa entrando por Reboreda ata desembocar na ría “coas conseguintes consecuencias tamén para os bancos marisqueiros”

Roberto Villar, AER

Dende o PSOE aproveitaba o concelleiro de medio ambiente para enumerar as accións que se teñen realizado dende o concello de cara a tentar atallar esta problemática “que é real e que así o certifican os diferentes análises das augas realizados na parroquia de Reboreda onde se constada unha elevada presenza de amoníaco, fosfatos, nitratos e coliformes, é dicir, as análises certifican a mala calidade da augas”. Resultado que segundo explicou o edil Alberto Álvarez foron trasladados a Augas de Galicia sen recibir ningunha resposta pro parte do organismo dependente da xunta polo que se procedeu tamén a presentar denuncia ante o Seprona.

Alberto Álvarez, PSOE

Os populares votaron en contra da moción argumentando que “se está atacando a un concello de tres mil habitantes obviando a contaminación que por exemplo produce o concello de Vigo en Arealonga”. Entenden os populares que se está a poñer o foco en “pequeneces” cando  o propio concello de Redondela está incumprindo en materia de contaminación.

Miguel Angel Álvarez, PP

Dende o BNG criticaban que “o PP lle reste importancia a este tema” a acusaban aos populares de acometer este tipo de prácticas a nivel local pero tamén no resto de organismos onde gobernan porque é a súa forma de actuar en materia medioambiental asegurou a nacionalista Jessica García.

Jessica García, BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará